InicioM.ambiente e PatrimonioO BNG pide restrinxir o acceso de noite ao cemiterio antigo de...

O BNG pide restrinxir o acceso de noite ao cemiterio antigo de Mondoñedo

Os nacionalistas advirten do deterioro do camposanto, onde están soterrados Cunqueiro ou Pascual Veiga, por mor de roubos, rotura de lápidas e acumulacións de lixo tralo botellón

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Mondoñedo rexistrou unha moción que será debatida no pleno do vindeiro venres para que o Concello restrinxa pola noite o acceso ao antigo cemiterio municipal coa finalidade de protexelo e evitar o seu deterioro.

A formación nacionalista explica que o cemiterio vello mindoniense é un punto de visita promocionado polo consistorio, xa que ademais de albergar a tumba de ilustres personaxes mindonienses como Pascual Veiga, Álvaro Cunqueiro ou Leiras Pulpeiro, tamén ten a particularidade de contar con varios espazos diferenciados onde se soterraban as diferentes clases sociais da cidade.

Á súa vez, segundo indica o voceiro do partido frontista a nivel municipal, Eloi Cabanas, o cemiterio encóntrase localizado dentro do conxunto histórico da cidade declarado, mediante Decreto 91/1985 do 2 de maio, Ben de Interese Cultural.

Para o BNG o camposanto, que é de titularidade municipal, presenta un “moi mal estado de conservación das tumbas e dos panteóns; moitos elementos están deteriorados e outros están rotos ou con ameaza de caída”.

REFORMA NO 2005

Os nacionalistas din que se leva arrastrando esta problemática despois da reforma que se lle fixo ao entorno no ano 2005 para reconvertelo nun parque público de estilo inglés. “Quitáronse as portas das entradas e creáronse outras novas aberturas no recinto, feito que agora imposibilita pechar o cemiterio pola noite para previr actos vandálicos que deterioran o lugar”, indica Cabanas, que engade que “nos últimos anos xa foron rexistrados varios casos que provocaron a rotura de lápidas, roubos e a acumulación de lixo trala celebración de botellóns en noites de festa.

SETE PUNTOS DE ENTRADA

“Sabemos que a solución non é doada xa que agora hai sete puntos polos que se pode acceder de forma directa ao interior do cemiterio”, admite o concelleiro do Bloque, “pero pensamos que é unha medida que se debe tomar se queremos preservar  en perfecto estado de revista este espazo tan singular do casco histórico da cidade”.

En relación co cemiterio vello e ademais da iniciativa para previr posibles danos, o BNG de Mondoñedo pídelle ao Concello “celeridade” na toma de “medidas oportunas para a conservación e mantemento dos elementos arquitectónicos e das zonas verdes da necrópole que, segundo indican, xa foron tratadas en anteriores sesións plenarias”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...