O Pescados Rubén Burela FS anunciou a fichaxe do pivote brasileiro Lucas Miguel Pereira da Silva (Catende, 1996), coñecido como Eto’o.
Segundo precisou a entidade laranxa, o xogador xa está en Burela á espera da documentación necesaria para formalizar a súa contratación como incorporación para a segunda volta.
O pivote, de 23 anos e 1,84 metros, manexa preferentemente a perna dereita e é un futbolista corpulento. O xogador brasileiro, procedente do LW Arcoverde do campionato pernambucano, chega ao Pescados Rubén Burela FS como terceira incorporación no mercado de inverno, tralas altas dos ás internacionais con Uruguai, Xande de los Santos, e Brasil, Pixote.