A Plataforma Sanitaria da Mariña deu por finalizado o pasado venres en Alfoz (Lugo) un ciclo de asembleas no que diferentes colectivos expresaron a súa “indignación” coa instrución que desde o Servizo Galego de Saúde (Sergas) se enviou para prohibir colocar carteis “difamatorios” contra as institucións nos hospitais e centros.
Do Hospital da Costa, en Burela, a Plataforma Sanitaria da Mariña asegura que a dirección retirou este xoves dúas pancartas da súa fachada en cumprimento desta orde. “Estas actuacións propias de gobernos totalitarios que nos retrotraen a tempos de ditadura non van conseguir que deixemos de informar, de mobilizarnos e de protestar polas políticas de privatización e de desmantelamento”, avisan.
“Lonxe de conseguir o seu obxectivo, o que lograrán será o efecto contrario, magnificando as mobilizacións”, engade o colectivo. Toda a información no Galicia Confidencial.