InicioEconomíaUnanimidade no Parlamento para instar á Xunta a mediar e garantir a...

Unanimidade no Parlamento para instar á Xunta a mediar e garantir a continuidade de Muebles Hermida

O BNG propuxera instar ao Goberno autonómico a "tomar as medidas necesarias" para a viabilidade da moblería de Lourenzá, "a piques" de entrar en concurso de acredores

Publicada o

- Advertisement -

O BNG acadou este xoves un “acordo por unanimidade” para que o Parlamento galego inste á Xunta de Galicia a tomar “as medidas necesarias” co fin de garantir a actividade da empresa Muebles Hermida e o mantemento dos postos de traballo.

O pasado 31 de xaneiro entrou en vigor o Expediente de Regulación Temporal de Emprego (Erte) da moblería de Lourenzá, cun prazo máximo de nove meses para tentar atopar un comprador que reflote a empresa. Os traballadores están á espera de cobrar catro meses solicitados ao Fondo de Garantía Social (Fogasa).

A deputada do BNG, Olalla Rodil, amosou a súa satisfacción por un acordo que afecta ao concello de Lourenzá e a actividade económica do conxunto da comarca da Mariña Lucense e anunciou que o BNG seguirá “moi de cerca” o seu cumprimento porque a empresa está a piques de entrar en concurso de acredores e o persoal deixou de percibir o seu salario dende hai catro meses e precisase “unha solución urxente”.

Recentemente, e en sesión extraordinaria, o pleno municipal de Lourenzá aprobou por unanimidade unha iniciativa que demanda a mediación das administración públicas, nomeadamente da Xunta de Galicia, na procura dunha solución. “Cómpre lembrar que Muebles Hermida conta con 97 traballadores, o que sitúa á empresa como un dos principais centros de traballo da zona”, remarca o Bloque, que recorda tamén que a moblería laurentina recibiu financiamento económico a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

PROGRAMA DE AXUDAS PARA TRABALLADORES AFECTADOS

A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez expuxo no Parlamento “a plena disposición do PPdeG e da Xunta de Galicia para manter o diálogo aberto cos empresarios, os empregados e, de ser o caso, co administrador concursal da empresa Muebles Hermida de cara a buscar a mellor solución posible que permita manter a actividade industrial e o emprego”.

A deputada popular lembrou que “a Xunta dispón dun paquete de apoio ás empresas e traballadores afectados polo actual momento de inestabilidade, que inclúe un novo programa de axudas para traballadores afectados polos EREs, dotado con catro millóns de euros, acordado dentro do diálogo social con patronal e sindicatos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...