InicioCulturaCoñece o programa do Mercado Medieval de Mondoñedo

Coñece o programa do Mercado Medieval de Mondoñedo

A peza de teatro musical 'O amor de Afonso Reimúndez', que recreará a vida do monarca do século XII, será a novidade do evento, presentado en Santiago

Publicada o

- Advertisement -

O Mercado Medieval de Mondoñedo exhibiu os seus atractivos en Santiago de Compostela. Trala presentación en Madrid, a alcaldesa, Elena Candia, o director da escola de música, Xan Carballal, e o concelleiro de xuventude, Alberto García, explicaron o programa da vixésimo sétima edición da cita -que se celebrará do 10 ao 12 de agosto- na capital galega.

ESCENIFICACIÓN

Entre máis de 70 actividades, o programa inclúe unha estrea, a dun espectáculo de teatro musical baseado na época medieval, do que se encargará a escola de música. ‘O amor de Afonso Reimúndez‘, elaborada por Ramallal a partir dun texto histórico de Xosé Peinó, recrea a vida do monarca do século XII e xuntará a 50 persoas sobre o escenario, que levan traballando na representación desde marzo. Participarán nela o alumnado da escola, músicos lucenses e o grupo Souto Xímaro. Será o venres, ás 22.00 horas no seminario, con entrada de balde.

A alcaldesa de Mondoñedo sinala que a estrea desta peza “ensinará o traballo que se fai na escola de música municipal” e “reforza a nivel cultural o contido deste evento de Interese Turístico Galego”. A rexedora tamén destacou a presenza de agrupacións locais como Gaita Escola e Mondrum, e agradeceu a colaboración da asociación cultural O Pasatempo e do colectivo xuvenil Xoldra. En premio ao tecido asociativo, José Ramón Montenegro será o pregoeiro da cita.

MÁIS DE 70 ACTIVIDADES

A representación do Rendemento de Bandeiras ao Rei Alfonso VII, o torneo medieval, a degustación de liscos, as vodas medievais polo rito mozárabe ou a cea popular na Praza do Concello son outros dos atractivos do programa, que inclúe un mercado con 150 postos de gastronomía e artesanía, engalanados para a ocasión. Podes consultar o programa aquíPROGRAMACIÓN MM 2018

Candia sinalou que a cita congregou o ano pasado a 35.000 persoas e cre que é “un dos principais reclamos turísticos de Mondoñedo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...