IniciosociedadeTrabada creará unha escola de música moderna para todas as idades

Trabada creará unha escola de música moderna para todas as idades

O Concello convida aos interesados en anotarse nalgunha das dez materias a unha xuntanza informativa o vindeiro mércores

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada anunciou este luns a creación da Escola de Música Moderna municipal. O goberno local sinala que o obxectivo ao poñer en marcha este proxecto educativo é “proporcionar á veciñanza unha formación musical de calidade á vez de enriquecer a cultura e o espírito do noso pobo”.

Segundo expuxo a alcaldesa trabadense, a socialista Mayra García Bermúdez, a iniciativa “baséase na premisa de que non existe unha idade establecida para aprender, polo cal a oferta educativa está aberta a calquera persoa indeferentemente da súa idade”.

As especialidades instrumentais ás que se pode optar, entre outras, son: piano, batería, guitarra, baixo eléctrico, saxofón, clarinete, gaita, acordeón e percusión tradicional, ademáis da materia de música e movemento para os nenos e nenas entre catro e oito anos.

Para explicar polo miúdo todos e cada un dos aspectos deste novo proxecto, o Concello convocou unha reunión informativa que se celebrará o mércores, 12 de febreiro ás 16.00 horas no CEIP Plurilingüe Celso Currás.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NO COLEXIO

O propio colexio, que no último concurso perdeu a aula de infantil ao marchar unha das familias seleccionadas polo Concello para desfrutar de vivenda gratuíta a cambio de matrícula, terá xornadas de portas abertas do 10 ao 14 de febreiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...