IniciosociedadeBurela e Riotorto son os únicos concellos da Mariña que gañaron poboación...

Burela e Riotorto son os únicos concellos da Mariña que gañaron poboación entre 2018 e 2019

A bisbarra perdeu 395 habitantes nese período, con Mondoñedo (-71 residentes) e Alfoz (-69) como os concellos con maiores caídas

Publicada o

- Advertisement -

Só dous concellos dos 16 municipios da Mariña Lucense gañaron poboación a 1 de xaneiro de 2019 con respecto á mesma data de 2018: Burela e Riotorto. Así o expón o padrón municipal de habitantes publicado este luns polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

Segundo o informe, A Mariña Lucense perdeu 395 habitantes nese intervalo, pasando de 72.441 no inicio de 2018 a 72.046 no primeiro día de 2019. Doce municipios acreditan esa tendencia negativa; Alfoz (-69 habitantes), Foz (-22), Lourenzá (-41), Mondoñedo (-71), O Valadouro (-13), O Vicedo (-48), Viveiro (-44), Xove (-41), Barreiros (-7), A Pontenova (-19), Ribadeo (-46) e Trabada (-3). Cervo e Ourol manteñen o mesmo número de habitantes, 4.227 e 1.018.

No caso de Burela, suma 22 persoas, aproximándose aos 9.600 residentes. Pola súa banda, Riotorto aumenta o número de habitantes en sete. Nesta táboa podes ver a evolución, cos datos de inicio do curso 2018 entre paréntese.

      2705 A Mariña Central 28.955 (29.149)
         27002 Alfoz 1.688 (1.757)
         27902 Burela 9.588 (9.566)
         27019 Foz 9.980 (10.002)
         27027 Lourenzá 2.140 (2.181)
         27030 Mondoñedo 3.568 (3.639)
         27063 Valadouro, O 1.991 (2.004)
      2706 A Mariña Occidental 25.659 (25.792)
         27013 Cervo 4.227 (4.227)
         27038 Ourol 1.018 (1.018)
         27064 Vicedo, O 1.675 (1.723)
         27066 Viveiro 15.466 (15.510)
         27025 Xove 3.273 (3.314)
         2707 A Mariña Oriental 17.432 (17.500)
         27005 Barreiros 2.934 (2.941)
         27048 Pontenova, A 2.264 (2.283)
         27051 Ribadeo 9.854 (9.900)
         27061 Trabada 1.118 (1.121)
         27054 Riotorto 1.262 (1.255)

 

A evolución da comarca segue a ser preocupante, dado que no 1981 contaba con 81.428 habitantes.

O 84% DOS MUNICIPIOS GALEGOS PERDEN RESIDENTES

O 84% dos concellos de Galicia perderon poboación no período 2018-2019; 241 dos 313 concellos pecharon o exercicio con saldo negativo.

En Ourense só houbo sete concellos (Allariz, Amoeiro, Baltar, A Merca, Pereiro de Aguiar, Piñor, Quintela de Leirado e San Cibrao das Viñas) con aumento de poboación, mesmo número que en Lugo (Castro de Rei, Folgoso do Courel, Lugo, Pantón, Riotorto, Sober e Burela).

Na Coruña houbo crecemento de veciños nos municipios de Ames, Ares, Arteixo, Boiro, Boqueixón, Cambre, Carballo, Carral, Cee, A Coruña, Frades, Irixoa, Miño, Oleiros, Ordes, Oroso, Sada, Santiago, Teo e Vilarmaior.

Ademais, Campo Lameiro, Cangas, Gondomar, A Lama, Meis, Mondariz-Balneario, Oia, Pazos de Borbén, Pontevedra, Portas, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Tomiño e Vigo foron os concellos da provincia de Pontevedra que tiveron saldo positivo en 2018.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...