O presidente do Principado de Asturias, Adrián Barbón (PSOE), confirmou este mércores as conversacións coa Xunta para facer fronte común e presentar alegacións ao borrador do estatuto electrointensivo. O pasado luns, o máximo mandatario galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que se producirían estes contactos para reclamar conxuntamente as máximas exencións posibles e incentivos para empresas como Alcoa.
A situación de Alcoa protagonizou a sesión plenaria do Congreso, na que a ministra de Industria, Reyes Maroto, acusou a PP e Feijóo de “facer campaña electoral” coa incerteza que planta de aluminio, que a multinacional ameazou con pechar despois de que caese “nun 90%” os seus beneficios na poxa de interrompibilidade.
Podes ler a información completa nesta ligazón do Galicia Confidencial.