O pintor Xoán Guerreiro será o pregoeiro das festas patronais de San Bartolo, en Xove. Os festexos celebraranse do 16 ao 20 de agosto.
O artista xovense pronunciará o pregón o xoves, desde as 21.00 horas no salón do centro cívico. O acto iniciará as celebracións, que se prolongarán durante catro días.
O programa, que podes ver completo na imaxe, inclúe un concerto-tributo a Sabina, verbenas con orquestras como París de Noia, Pontevedra, Televisión ou Los Satélites, unha sardiñada -o venres- ou actividades infantís, ademais da proxección dunha película de Lázaro Louzao.
Presentaron o evento Demetrio Salgueiro, alcalde de Xove, e as edís Dolores Meitín e Cristina Iglesias; Carlos Cociña, Benigno Canoura e Luis Pico, membros da comisión de festas, e David Naya, da asociación cultural Technoxove.