InicioDeportesO Pescados Rubén FS dá primeiro na semifinal de Copa Galicia fronte...

O Pescados Rubén FS dá primeiro na semifinal de Copa Galicia fronte ao Parrulo

O cadro de Burela afrontará a volta na Malata, o 18 de marzo, cun 5-3 a favor

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS encarará a volta das semifinais da Copa de Galicia en vantaxe despois de derrotar (5-3) ao Parrulo Ferrol en Vista Alegre. A Malata acollerá o encontro de volta o 18 de marzo ás 20.00 horas.

Renato, na estratexia, e Eto’o adiantaron aos locais con dous tantos case consecutivos ao borde do cuarto de hora. Hoa recurtou axiña diferenzas no marcador, pero Lucho devolveu os dous tantos de vantaxe aos da Mariña Lucense antes do descanso. Na última ocasión do primeiro tempo, Kaluza mantivo o botín tras rexeitar un remate do ex do Pescados Rubén Iago Rodríguez.

Á volta dos vestiarios, Morioka achegou ao conxunto ferrolán no luminoso ao aproveitar un saque de esquina. Lucho, tras culminar un contraataque liderado por Luisma, anotou o 4-2 á media hora de xogo. Renato, cun dobre penalti no minuto 36, puxo en clara vantaxe aos locais para o partido de Ferrol, pero Morioka limou as distancias no treito final do encontro, deixando a eliminatoria aberta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...