InicioCulturaA focega Luísa Castro e Francisco Narla estarán na Feira do Libro...

A focega Luísa Castro e Francisco Narla estarán na Feira do Libro de Foz

O gañador do Edhasa de novela histórica pronunciará o pregón da cita, do 16 ao 19 de agosto, e a escritora focega asinará un poemario

Publicada o

- Advertisement -

O escritor lucense Francisco Narla, gañador do Premio Edhasa de Novela Histórica 2018, será o pregoeiro da Feira do Libro de Foz, que contará tamén coa presenza da autora focega Luísa Castro. A cita celebrarase do 16 ao 19 de agosto.

Narla pronunciará o pregón o xoves 16, desde as 19.00 horas. O escritor deuse a coñecer con ‘Assur‘ e ‘Ronin‘ e vén de publicar ‘Laín. El bastardo‘, ambientada na Galicia do século XIII. Pola súa banda, Castro asinará exemplares do seu poemario ‘Baleas e baleas‘, que cumpre o seu 40 aniversario. O acto no que participará a poeta, novelista e ensaísta focega será o sábado, ás 18.00 horas.

HORARIO DE TARDE

A feira celebrarase na Praza Conde de Fontao en xornada de tarde, de 17.00 a 22.00 horas. Haberá oito postos, os de Librería Pedreira, AENEA, Cortizas, Cartabón, Galaxia, Bahía, Nobel e Deputación de Lugo. O programa inclúe máis de 20 actividades. Os stands farán descontos do 10%.

PRESENTACIÓNS

Entre elas, realizaranse as presentacións dos libros ‘Islas Ciprianus‘, de Pablo Mosquera; ‘Nunca fuimos buenos‘, de Rocío López -con sinatura de exemplares-; ‘Gaiola aberta‘, de Xoán Neira; Los caballeros negros y la corona verde‘, de Félix Carreira; ‘Campos de batalla, de Sonia Arias; ‘La aldea‘, de Silvia Salgado; ‘Atlantide. Muller d´Aguade Adela Figueroa; ‘La Negociación‘, de Patricia Bernardo; ‘Gotas de rocío, copos de nieve‘, de Finy Sesmonde; ‘José Picado y Perez. Pintor vivairense‘, de Julio Fernández-Sanguino; e ‘Hai mulleres‘, de Otero Regal.

Presentaron a cita a deputada de cultura da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, o alcalde, Javier Castiñeira, a coordinadora xeral da Federación de Libreiros de Galicia, Nani Regueira e a delegada provincial de cultura, María Carmen Gueimunde González.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...