A Policía Nacional en Vigo decidirá as medidas disciplinarias que toma con respecto a un axente en prácticas destinado na cidade olívica que foi detido pola Garda Civil de Lugo por supostamente maltratar á súa parella durante a celebración da Maruxaina, en San Cibrao.
A detención produciuse na madrugada do sábado ao domingo, sobre as tres da mañá, despois da alerta dun garda de seguridade.
O axente en prácticas foi detido e posto a disposición do xulgado de Viveiro. Agora será a propia policía a que tome as medidas disciplinarias oportunas, que poden incluír a retirada da arma, segundo fontes da investigación.
“PUÑADAS E EMPURRÓNS”
Varias testemuñas e a propia vítima relataron como esta moza, de 25 anos, fora agredida con “puñadas e empurróns“.