Galicia pasou unha nova noite en alerta por meteoroloxía adversa que, nesta ocasión, deixouse notar con maior virulencia no litoral, onde permaneceu activo o aviso de nivel laranxa tanto na costa coruñesa como en Lugo. De feito, foi nesta última provincia onde se rexistraron os refachos de vento máis fortes, algo antes das dúas da madrugada. Superáronse os 122 quilómetros por hora (km/h) en Penedo do Galo, no municipio de Viveiro.
Na Pontenova, os refachos de vento alcanzaron tamén velocidades importantes, rexistrándose aire a 114,4 km/h na madrugada deste xoves. Podes ler a información completa premendo nesta ligazón do diario dixital Galicia Confidencial.