A Garda Civil investiga a un veciño de Mondoñedo (Lugo) de 49 anos de idade como suposto autor dos delitos contra a seguridade vial e usurpación de estado civil.
A persoa investigada conducía unha furgoneta á altura do km 0,01 da estrada LU-162, no termo municipal de Barreiros (Lugo), cando os axentes da Benemérita o someteron a unha proba de alcolemia. O test arroxou unha taxa de 0,90 miligramos/litro (mg/l), superior ás establecidas legalmente.
No momento de solicitarlle a súa documentación, leste tenta facerse pasar polo seu irmán xemelgo. A persoa investigada foi posta a disposición do Xulgado de Instrución nº 2 de Mondoñedo (Lugo).