IniciosociedadeUn sillón adaptado, agasallo do comercio de Burela a AFAN

Un sillón adaptado, agasallo do comercio de Burela a AFAN

O regalo é o resultado da iniciativa do desexo solidario, habitual da Campaña de Nadal

Publicada o

- Advertisement -

O Centro Comercial Aberto de Burela entregou un sillón adaptado para o relax á  Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias (AFAN) da localidade.

Segundo expón a agrupación, “este agasallo foi resultado do desexo solidario de Nadal que pediu Maite e que axudará a continuar o inestimable traballo nesta asociación”. A peza de descanso está adaptada para os usuarios que o precisen. “Como cada ano, o desexo solidario é unha das actividades máis emotivas que se fan durante a campaña e no que calquera persoa pode pedir un desexo para algunha persoa ou asociación e así poder cumprir unha ilusión ou unha necesidade para alguén que lle faga falta”, aseguran desde o CCA burelao.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...