- Advertisement -
O Concello de Cervo informou a última hora deste martes de que a vixésimo novena Festa do Ourizo, que se ía celebrar este sábado en San Cibrao, queda suspendida ante a “emerxencia sanitaria” provocada polo coronavirus, “á espera da evolución dos acontecementos”.
O goberno local mantivo unha reunión coa hostalería da zona para informala da súa decisión. Horas antes, a Xunta de Galicia recomendou evitar a celebración de eventos de todo tipo con “aforos superiores ás mil persoas” para evitar risco de contaxios.