IniciosociedadeO Concello tantea a 350 colectivos para posicionar Mondoñedo como fin de...

O Concello tantea a 350 colectivos para posicionar Mondoñedo como fin de etapa do Camiño

O goberno local contactou con asociacións de peregrinos de varios países do mundo para mostrar os recursos do municipio

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo tentará posicionar a cidade como fin de etapa no Camiño Norte de Santiago a través dunha campaña na que contactou con 346 asociacións de peregrinos en distintos países do globo.

A delegación de turismo impulsou esta iniciativa, que consistiu no envío de correos electrónicos a todas as agrupacións do Camiño recollidas no directorio do Plan Xacobeo. Así, o goberno local enviou información sobre os puntos de interese e os recursos dispoñibles a peregrinos de Portugal, Francia, Italia, República Checa, Austria, Polonia, Lituania ou Estados Unidos.

Nos e-mails, o departamento de turismo do Concello achega documentos gráficos sobre o Centro de Interpretación do Camiño Norte, o Real Seminario Conciliar de Santa Catalina, o albergue municipal, a Catedral Basílica da Asunción, o Museo Catedralicio, o Palacio Episcopal ou o pazo de San Isidro.

Cartel da campaña. AXM

FESTAS

Tamén se incluíu información sobre a alameda e o santuario dos Remedios, o barrio dos Muíños e a súa actividade artesá ou as festas que se celebran ao longo do ano, como As San Lucas, Os Remedios, O Mercado Medieval ou a Rapa das Bestas, entre outras.

VISITAS GUIADAS

Do mesmo xeito, o goberno local informou ás asociacións sobre a posibilidade de participar en visitas guiadas á catedral ou ás covas do Rei Cintolo, e enviou convites para a degustación da tradicional torta mindoniense. Por último, celebraranse sorteos entre os colectivos convidados nos que o premio será un aloxamento na cidade. MANTEL_MONDOÑEDO_TR

ENTREVISTAS PERSOAIS

O goberno local tamén está a xestionar reunións con representantes das asociacións do Principado de Asturias para achegarlles persoalmente toda esta información útil para os peregrinos, así como calquera relacionada coa promoción turística de Mondoñedo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...