- Advertisement -
Dez días despois da detección na autonomía do primeiro caso de infección por coronavirus, a Xunta de Galicia informou este sábado do primeiro falecemento en Galicia dunha persoa con coronavirus, unha muller de 92 anos con múltiples patoloxías previas que se atopaba ingresada en Povisa. Trátase dun caso importado.
No conxunto de Galicia, o número de casos confirmados de coronavirus ascende a 135, 20 máis que no último balance. Deles, 55 están na área da Coruña onde, ademais doutros casos, se rexistraron varios vinculados ao centro cívico de Feáns, pechado preventivamente en canto detectáronse. Así mesmo, 23 están na área de Vigo, 17 na de Santiago, 15 na de Ourense, 13 en Pontevedra, sete en Lugo e cinco na área sanitaria de Ferrol.
Dos afectados en Lugo, dous deles teñen relación co primeiro positivo confirmado, un home de Foz que permanece illado no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). A esposa e unha muller relacionada coa familia foron os outros dous casos casos computados. Entre o alumnado da facultade de Administración e Dirección de Empresas (Ade) de Lugo confirmouse un cuarto positivo, e un quinto en Monforte de Lemos, o dun sanitario do centro hospitalario monfortino.
No entanto, este venres rexistráronse as tres primeiras altas, que se corresponden con pacientes do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).
Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.