IniciosociedadePrimeiros ingresos no Hospital da Mariña por coronavirus, cun positivo de Viveiro

Primeiros ingresos no Hospital da Mariña por coronavirus, cun positivo de Viveiro

A outra persoa ingresada é un varón cuxa posible infección está pendente de confirmación

Publicada o

- Advertisement -

O Hospital Público da Mariña rexistrou o pasado martes os primeiros ingresos por mor do coronavirus. Unha das persoas ingresadas fíxoo xa co positivo confirmado, mentres que a posible infección da outra está pendente de confirmación.

Segundo puido saber o Xornal da Mariña, o positivo corresponde a un home duns 70 anos, veciño de Viveiro. En principio, esta persoa resultou infectada ao recibir a visita dun familiar residente en Madrid.

A outra persoa, ingresada cos síntomas habituais do coronavirus, é un varón cuxa posible infección está pendente da realización da proba. Ambos permanecen illados e atópanse ben.

SEIS CASOS

O que semella claro é que, tralo primeiro positivo dun veciño de Foz, que se recupera satisfactoriamente no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), o primeiro confirmado na provincia de Lugo, A Mariña é xa pequeno foco de contaxio. A muller e unha amiga do primeiro infectado resultaron tamén contaxiadas e recupéranse nas súas vivendas.

Como adiantou este medio, tamén deu positivo unha sanitaria do Hospital da Costa, residente en Xove, que permanece en confinamento domiciliario. O seu mozo está igualmente illado, sen síntomas.

Podes consultar nesta ligazón do Galicia Confidencial os focos locais de coronavirus en Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...