InicioCulturaEido Dourado pecha tras dez anos de impulso cultural da bisbarra

Eido Dourado pecha tras dez anos de impulso cultural da bisbarra

O concerto da Banda da Loba, este domingo, servirá como clausura do espazo artístico

Publicada o

- Advertisement -

O espazo artístico Eido Dourado, situado na praia barreirense da Pasada, pechará o domingo as súas portas despois de dez anos de andaina. O concerto que ofrecerá A Banda da Loba (22.30 horas) porá o punto e final á súa traxectoria.

Ao longo da última década, Eido Dourado non só espuxo a obra do seu promotor, o artista e empresario Celso Dourado, senón que contribuíu de xeito notable a dinamizar a vida cultural mariñá. O ciclo musical Sons do Solpor permitiu aos cidadáns da bisbarra desfrutar de balde de grandes concertos. Ademais, ofrecéronse talleres para nenos ou recitais de poesía, entre outras actividades.

“ZANCADIÑAS”

O impulsor do proxecto sinala que “cando comezamos, en 2009, sabiamos que era un proxecto tremendamente altruísta, pero tamén enriquecedor. Non contabamos coa cantidade de problemas que nos puxeron neste longo andar. Cando empezaron a caernos algunha que outra denuncia, algunha que outra zancadiña, propuxémonos resistir ao menos dez anos con dignidade e creo que o conseguimos”, asegura.

NOVO ESPAZO EN RIBADEO

Dourado e a súa compañeira traballan desde hai anos na apertura dun novo espazo en Ribadeo, no que prometen “manter vivo o espírito de Eido Dourado”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...