InicioDeportesO Pescados Rubén pide o pavillón de Viveiro para o vindeiro curso

O Pescados Rubén pide o pavillón de Viveiro para o vindeiro curso

Vista Alegre precisa da colocación dunha grada para adaptarse á normativa da LNFS

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do Pescados Rubén Burela Fútbol Sala, Manuel Blanco, e o vicepresidente da entidade, José Luis Sáez, tiveron unha xuntanza coa alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, para solicitar o uso do pavillón municipal da cidade do Landro de cara á vindeira tempada.

Cos novos requisitos de instalacións deportivas estipulados en 2016 pola Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS), que entrarán en vigor a partir de xullo deste ano, o Pescados Rubén Burela FS afronta unha problemática que os directivos quixeron trasladar á rexedora viveirense.

o club quéixase da falta de solucións por parte das institucións

De ascender á Primeira División, o club deberá adaptarse aos requisitos marcados pola normativa da LNFS, que poderían ser obrigatorios tamén na categoría de prata. Así, é necesaria unha adaptación do pavillón de Vista Alegre, onde o equipo burelés ten a súa sede deportiva. Trátase da colocación dunha grada na única parte do recinto na que non hai asentos para o público, detrás dos bancos e da mesa de cronometraxe. Esta modificación permitiría ampliar o aforo -dos 1.500 espectadores actuais aos 2.000 esixidos- e tamén ofrecer unha maior marxe de manobra ás cámaras da televisión.

A directiva do Pescados Rubén Burela FS láiase da actitude das administracións. Asegura que desde 2016 remitiu varios escritos a todas as institucións públicas –Concello de Burela, Deputación Provincial de Lugo e Xunta de Galicia– sen atopar solución. A entidade agradece á alcadesa de Viveiro a súa predisposición para solucionar este problema.

LLANO AVOGA POR OUTRO PAVILLÓN

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, argumenta que a reforma custaría en torno a 800.000 euros. “Se decidimos arranxar Vista Alegre, ninguén nos garantiza que esta solución vai ser definitiva; no seu momento xa fixemos unha ampliación que era acorde coas esixencias que facía daquela a Liga Nacional de Fútbol Sala. Agora hai unha normativa nova e non temos unha seguridade de que no futuro esta adaptación nos vaia servir”, explica. Por iso, o rexedor asegura que o goberno local vai centrar os seus esforzos en construír un novo pavillón.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...