- Advertisement -
Os centos de visitantes que estes días se achegan a Praia das Catedrais seguen entrando en covas e cavidades, a pesar do risco de desprendementos e das alertas que dan as distintas administracións á hora de acceder ao famoso areal.
Neste vídeo vese como os turistas exploran esas covas e se achegan aos cantís, a pesar dos desprendementos que tiveron lugar lugar hai uns días e da morte dunha turista no pasado mes de marzo tras caerlle unha pedra na cabeza.