O Servizo Galego de Saúde (Sergas) analiza a posibilidade de reorganizar a actividade de centros de saúde na comunidade, un paso que –se finalmente se materialiaza– podería supor o peche dalgúns ambulatorios por mor do coronavirus e que a atención, así como o persoal, se concentrase noutros ambulatorios máis grandes. A Xunta de Galicia asegura que “non hai nada decidido”, pero admite que se analizan “varias posibilidades”, unha das cales sería, na Mariña Lucense, manter só aberta a actividade en Viveiro, Burela e Ribadeo.
Así o afirmaron fontes sindicais e tamén alcaldes como os de Muras e Xermade, Manuel Requeijo (BNG) e Roberto García (PSdeG-PSOE), que foron contactados polo Sergas para polos en preaviso da centralización dos servizos en Vilalba, que se podería dar a vindeira semana.
A nacionalista Ana Ermida, rexedora de Barreiros, ou o socialista José Luis Pajón, de Ourol, confirman que non recibiron avisos nin notificacións. Podes consultar a información completa nesta ligazón.