InicioEconomíaAlcoa negocia co Estado manter a totalidade da produción

Alcoa negocia co Estado manter a totalidade da produción

A ministra de Traballo dá por feito en televisión que aluminio funcionará con "servizos mínimos", pero a multinacional asegura que "traballa" para ser recoñecida como "esencial"

Publicada o

- Advertisement -

A situación do complexo industrial de Alcoa segue a ser incerta trala publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) do Real Decreto-Lei que paraliza as actividades “non esenciais” desde este luns, 30 de marzo, ata o 9 de abril. A multinacional asegura que “confía” en que a súa actividade sexa recoñecida como “esencial” e está “traballando niso”, malia que o documento oficial -que recolle as novas medidas a nivel laboral e empresarial para tentar conter o espallamento do coronavirus– non inclúe as electrointensivas no apartado anexo dedicado ás empresas que gozarán dunha excepción durante este período.

No día de moratoria concedido ás empresas para preparar o cesamento da actividade e realizar actividades unicamente enfocadas a este parón, persiste a confusión sobre Alcoa, onde se están a realizar as quendas e traballos habituais.

POR AGORA MANTÉÑENSE QUENDAS E TRABALLOS

Os traballadores reclaman que non se paralice a produción de aluminio primario, dado que o proceso de produción das 480 cubas de electrolise é en continuo e unha suspensión inmediata “suporía uns danos irreversibles”. A renovación da maquinaria semella unha quimera coa actual situación da planta, ameazada de peche pola multinacional sen un abaratamento da electricidade.

A propia ministra de Traballo, Yolanda Díaz (Unidas Podemos), puxo como exemplo no programa de televisión ‘Al Rojo Vivoque “a electrolise e a produción de aluminio primario” non será paralizada, “pois perderiamos unha industria”, senón que “hai un artigo 4 que o deixa claro; imos deixar o persoal en mínimos, coma se fose fin de semana”.

Artigo do Real Decreto no que se regula a situación de empresas como Alcoa. AXM

Outras fontes do Goberno consultadas, cercanas ao Ministerio de Industria, si entenden que Alcoa podería acollerse, en función do especificado no Real Decreto-Lei e de normativas anteriores, á categoría de empresa “esencial”, o que a multinacional reclama para continuar a produción ao mesmo ritmo que o viña facendo. Con todo, estas mesmas fontes non concretan que apartados posibilitarían á alumineira manter a totalidade da actividade produtiva.

AS COMPETIDORAS “SEGUEN AO 100%”

Segundo expuxo o comité nunha nota de prensa, “a empresa solicitou ao Ministro de Industria, Comercio e Turismo (ostentado por membros do PSOE) que indique se as actividades das nosas fábricas se atopan incluídas nalgunha das categorías recollidas no anexo do Real Decreto-Lei, así como a dos provedores de bens e servizos destinados ás mesmas”.

En declaracións a Efe, o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, remarcou que “noutros países, como en Italia, onde a situación é peor, séguese producindo ao 100%”. O sindicalista lembrou que esas fábricas que continúan a executar a totalidade da produción, malia urxencia sanitaria, “son as competidoras” de Alcoa San Cibrao.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...