A Deputación de Lugo enviou unha carta ás consellerías de Sanidade e Política Social para pedir que se realicen probas de detección de coronavirus nas catro residencias de maiores que xestiona o organismo provincial en Trabada, Pol, A Fonsagrada e Ribadeo.

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, asegurou que o ente provincial considera “necesario” facer estas probas “canto antes” tanto a usuarios como a traballadores, como prevención ante posibles contaxios.

Rivera sinalou que a Deputación xa tomou medidas “cada vez máis restritivas”, como a restrición das visitas ou a desinfección da contorna dos centros úas veces por semana, custeadas xunto cos Concellos, pero entende que “non son garantía ao 100%” de control dos contaxios, “moito menos se hai traballadores que sexan asintomáticos e poden transmitir igualmente o virus”. Podes ler a información completa no Lugo Xornal.