O Pescados Rubén Burela FS anunciou este xoves a partir dun comunicado de prensa que se viu na obriga de solicitar un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (Erte) por causas de forza maior, despois da paralización das competicións deportivas por mor do estado de alarma, que o Goberno decretou a fin de conter o espallamento do coronavirus.
O club, que conta con dous equipos na máxima categoría –sendo pioneiro no deporte español ao aprobar coas xogadoras do cadro feminino un convenio laboral– explica na nota que con data do 1 de abril, recibiu a notificación de aceptación por parte da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria sobre a súa petición.
O Erte, que segundo explica a entidade laranxa “foi tramitado con acordo absoluto entre os empregados e a entidade debido á inexistencia de actividade”, afecta “á totalidade do cadro de persoal, 42 persoas, incluíndo xogadoras e xogadores de Primeira División RFEF, corpos técnicos, profesorado de base e persoal de oficina”.
12.638 TRABALLADORES AFECTADOS NA PROVINCIA
A nivel provincial, segundo os datos ofrecidos pola Xunta de Galicia, solicitáronse 3.571 Ertes desde que o Executivo central decretou o estado de alarma, con 12.638 traballadores afectados. No global de Galicia, a cifra aumenta a 29.839 empresas, con 156.281 obreiros implicados.
|
ERTES |
PERSOAS TRABALLADORAS |
A Coruña |
11.376 |
52.237 |
Lugo |
3.571 |
12.638 |
Ourense |
3.660 |
14.573 |
Pontevedra |
10.338 |
62.326 |
Autonómico |
860 |
14.507 |
Estatal |
34 |
s.d. |
TOTAL |
29.839 |
156.281 |