IniciosociedadeA Feira de gando de San Isidoro de Monte regresa o día...

A Feira de gando de San Isidoro de Monte regresa o día 24

A asociación de veciños Costa de Laxamoura organiza o evento, que inclúe concursos, sesión vermú e verbena

Publicada o

- Advertisement -

A asociación de veciños Costa de Laxamoura impulsará o día 24, coincidindo co día de San Bartolo, a tradicional Feira de San Isidoro de Monte, en Penasagudas. A organización conta co patrocinio do Concello de Xove e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

ACTIVIDADES

A festa comezará ás 10.00 horas, coa recepción do gando no campo da feira. Ás 13.00 haberá misa solemne na igrexa de San Isidoro. Ao seu remate comezará a sesión vermú. Na feira haberá varios postos de comida onde xantar polbo ou churrasco, entre outros manxares. Ás 17.30 horas comezará a verbena con Vivarium.

CONCURSO GANDEIRO

Pola mañá celebrarase un concurso gandeiro con dúas modalidades: premiarase ao maior número de reses de vacún e ao maior número de cabezas de gando cabalar. Haberá seis premios por categoría, con importes de 20 a 90 euros.

CERTAME DE MARCHA

Pola tarde haberá concurso de marcha, con catro premios -desde 30 a 90 euros- nas modalidades de cruzados e trotós.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...