O encerramento forzoso presenta complicacións adicionais. Que pasa cos nenos? Alguén pensou nos pícaros? Ademais de poñerlles tarefas escolares e moitos debuxos e series televisivas? Témolos “enganchados” ás pantallas durante horas. Cando isto acabe os oftalmólogos terán moito traballo. Alguén pensou na necesidade das crianzas de estar en movemento? De respirar aire puro, de tomar o sol?
Que pensarán cando ven desde o balcón que os cans poden saír a pasear e eles non? Noutros países cun nivel de conciencia social bastante máis elevado que o noso, aconséllase saír a pasear, en solitario.
Preme abaixo para ler unha nova entrega do Diario de Corentena, escrito conxuntamente polos integrantes de Xornal de Lemos, Lugo Xornal e Xornal da Mariña.