Unha draga danesa iniciou este domingo os traballos de dragaxe dos portos do municipio de Viveiro, unha vella demanda dos viveirenses. O sector pesqueiro reclama a extracción de lodo e area no peirao de Celeiro desde 2007, cando comezou a denunciar os problemas de operatividade dos buques pola falta de calado.
Segundo concreta a Xunta de Galicia, os traballos consistirán na retirada de 50.000 metros cúbicos de material areoso dos fondos mariños dos peiraos deste concello lucense. A actuación permitirá a recuperación de calado na canle de acceso, no peirao pesqueiro e no porto deportivo. Os traballos, cun orzamento dun millón, comezarán na canle de aceso e na dársena pesqueira e continuarán despois no peirao deportivo.
(Vídeo de Aldán Naval)
Este domingo, varios veciños captaron desde as súas casas as tarefas. Os restos do fondo da contorna do porto pesqueiro foron vertidos en Covas, nunha zona cercana a Os Castelos. Nesta praia vense documentando ao longo dos últimos anos a perda constante de area.