InicioEconomíaO comité propón a Alcoa prorrogar un ano o convenio para favorecer...

O comité propón a Alcoa prorrogar un ano o convenio para favorecer “o consumo” na Mariña

A multinacional ultima a realización de controis de temperatura aos contratistas, na segunda fase dun plan que se aplicará ao persoal de San Cibrao

Publicada o

- Advertisement -

Alcoa ultima, coa intención de comezar co procedemento este mesmo luns ou ben o martes na fábrica de San Cibrao, a realización de controis de temperatura aos contratistas -empresas auxiliares- que acceden ás instalacións da factoría, mediante o uso de cámaras termográficas na zona de acceso de Básculas, segundo informou o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan.

Este mediodía, explicou Zan, estabanse a realizar probas para poñer a funcionar este sistema, que está operativo desde a semana pasada no control de acceso peatonal para os transportistas.

Segundo concreta a axencia Efe, o presidente do comité de empresa explicou que a implantación do control de temperatura foi deseñada en tres fases, de modo que a primeira afectaría aos transportistas, a segunda aos traballadores das empresas subcontratadas e a terceira ao propio persoal de Alcoa, que suma máis dun milleiro de traballadores entre as fábricas de alúmina e aluminio.

SÓ UN POSITIVO E RESULTADOS NEGATIVOS

Ademais, o control realízase en cada caso en diferentes accesos á fábrica, explicou Zan, precisamente para evitar aglomeracións. De momento, só un traballador da planta deu positivo por coronavirus e, segundo explica Zan, as probas realizadas a empregados deron outros dous negativos, con tres persoas á espera de resultados.

DAR “TRANQUILIDADE” AOS TRABALLADORES

Zan tamén confirmou que o comité está á espera de que a dirección de Alcoa responda ao seu ofrecemento para prorrogar durante un ano máis o actual convenio colectivo, de forma que os traballadores manterían as “mesmas condicións laborais“.

A intención, indica Zan, é centrar os esforzos en “superar esta crise” e dotar á empresa e aos traballadores dunha “estabilidade” que permita que os obreiros “saiban cales van ser as súas condicións laborais e poidan tamén con maior tranquilidade consumir no comercio da Mariña. Hai sectores que se van ver moi prexudicados, a bisbarra deunos moito e hai que buscar a maneira de devolvelo”, indica.

FUTURO

Respecto do futuro da fábrica de aluminio, que Alcoa ameazou con pechar de non haber un abaratamento da enerxía eléctrica, Zan expón que a situación “é tan incerta como na industria española a nivel xeral. É certo que a luz caeu moito, pero o mercado está moi volátil. En Europa hai unha certa carencia de aluminio e isto fai que poidamos aguantar”, remarca, para concluír que “é necesaria unha política de reindustrialización neste país e mesmo a nivel europeo que favoreza os investimentos na nosa planta”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...