A tripulación do Virxen da Blanca de Burela quixo mandar unha mensaxe desde alta mar nun vídeo publicado en redes a través da Organización de Produtores Pesqueiros (OPP) Lugo.
Os tripulantes do palangreiro de superficie, que estes días faena ao peixe espada e á caella no Atlántico norte, entre as illas Azores e o Sur de Terranova, amosaron na peza audiovisual o seu día a día no mar, e convidaron á veciñanza a obedecer ás autoridades e a mercar peixe.
“Nós quedamos no barco, ti queda na casa”, é o lema dos mariñeiros, que aseguran no tocante á pandemia que “esta marea logo pasará”, e piden os veciños que non se esquezan da importancia socioeconómica do sector pesqueiro e consuman peixe.