IniciosociedadeDiario da desescalada: a volta ás perruquerías

Diario da desescalada: a volta ás perruquerías

O gremio volverá á actividade a partir do vindeiro luns "con poucas pautas" de como facelo

Publicada o

- Advertisement -

Empeza o proceso de desescalada e o gremio de perruquerías poderá abrir as súas portas aos clientes o vindeiro luns. Durante os días que levamos de corentena atopamos de todo, dende xente que aguanta ben e non ten présa ningunha por axeitar o aspecto estético ata xente que se sube polas paredes por non poder visitar ao seu perruqueiro ou perruqueira de confianza.

Unha empresaria di que o normal sería que houbese unhas indicacións específicas por parte do Goberno con pautas máis concretas. “Temos protocolos hixiénicos, pero non pensados para isto. Se non sae nada marcaremos as pautas nós”, di.

Asegura que cumprirá as poucas normas que se deron e poñerá outras: letreiro con información, pechará a porta para ter só un cliente dentro, atención con máscara e luvas e que o cliente tamén a teña… Para rematar pregúntolle, “tes medo a empezar?” A súa contestación foi a seguinte: “Medo non, precaución. E non medo de min, se non de ter que enfrontarme ao cliente por poñerlle normas aínda que a maioría de clientes entenderao”.

Preme abaixo para ler unha nova entrega do Diario da Desescalada, de Xornal de Lemos, Lugo Xornal e Xornal da Mariña.

 

Diario de desescalada: Volver cortar o pelo, “máis que medo, respecto”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...