IniciosociedadeRibadeo permitirá a ampliación da superficie das terrazas para axudar á hostalería

Ribadeo permitirá a ampliación da superficie das terrazas para axudar á hostalería

O Concello asegura que terá "flexibilidade" mentres "se garanta a seguridade viaria"

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, subliñou que haberá desde o Concello flexibilidade para a ampliación das terrazas dos bares e restaurantes, sempre e cando se garanta a seguridade viaria. O rexedor dixo que cando se saiban as normas precisas do Estado, e de acordo con Acisa, haberá que estudar a ordenanza reguladora para adaptala á nova normalidade.

Tras manter unha xuntanza coa asociación de comerciantes, o alcalde ribadense asegurou que ante a situación provocada polo coronavirus “queremos na medida do posible ampliar os dereitos sen vulnerar outros. Entón no que ten que ver coas terrazas, dentro da inmediatez dos próximos días e aínda sen saber moi ben porque o Goberno do Estado non regulou con exactitude como vai ser a desescalada a partir da semana que vén, con esas salvedades imos ter desde o Concello flexibilidade para permitir as ampliacións de superficie sempre que se garanta a seguridade viaria e tamén, loxicamente, para adaptar as tarifas á situación de alarma”, argumentou.

Suárez Barcia asegurou que en función da normativa estatal cómpre “estudar unha revisión global da normativa de terrazas no sentido, por exemplo, de ver a posibilidade de poder autorizar en lugares de aparcamento, sabendo consecuentemente que con estas autorizacións vanse reducir os espazos destinados a este fin“. Esta medida favorecería ao comercio, expón o primeiro edil, nunha “nova normalidade que seguro que vai vir significada con distanciamento”.

“Sabemos que o sector é importante e na medida das posibilidades, da legalidade e da racionalidade alí estaremos para buscar solucións que poida compartir todo o mundo”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...