As festas patronais en honra da Virxe dos Remedios, patroa da diócese, xa teñen programa. Presentaron as actividades a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia; o concelleiro de xuventude, Alberto García e os membros da comisión organizadora.
Os festexos comezarán o venres, 7 de setembro. Ás 19.30 horas celebrarase a Novena da Nosa Señora dos Remedios no seu santuario. Ás 22.00 horas arrincará a quinta edición do festival ‘Mamá quero cantar‘ na praza do Concello. Ao seu remate comezará a Festa da Xuventude, co concerto de Hugo Torreiro & Carlos Bau e o show #DosEnPunto. Un Dj porá o peche á xornada.
SÁBADO
O sábado, haberá sesión vermú desde as 14.00 horas co grupo Samba. Pola tarde, a partir das 17.30, haberá un espectáculo de maxia na praza do Concello. Ás 18.00 horas comezará un partido de fútbol no Viñas da Veiga, que enfrontará a Mondoñedo FC e UD Folgueiro. Ás sete comezarán os cantos de taberna, que percorrerán os locais de hostalería.
Ás 19:30 horas celebrarase o último día da Novena dos Remedios, coa presenza do bispo, Luís Ángel de las Heras. Samba e Garibaldi encargaranse da verbena, desde as 22.00.
o alcalde de ortigueira será o encargado de presentar a misa en ofrenda á patroa da diócese
DOMINGO
O domingo, a xornada festiva arrincará coa misa en ofrenda á Virxe dos Remedios, ás 12.00 horas, presentada polo alcalde de Ortigueira, Juan Penabad. A continuación celebrarase a procesión.
Para as 13.30 horas está previsto un concerto da banda municipal de música na contorna da igrexa. Ás 14.00 horas comezará a sesión vermú, con Ritmo Joven. A formación Pascual Veiga de Mondoñedo ofrecerá unha actuación ás 18.30, na praza do Concello, e a verbena arrincará ás 21.30, con Ritmo Joven e Nueva Fuerza. Ademais, durante toda a xornada haberá mercado.
o luns haberá un desfile do traxe galego a beneficio da asociación sendeiriña