IniciosociedadeCanceladas as festas de Burela, que a comisión ve "inviables" polas aglomeracións

Canceladas as festas de Burela, que a comisión ve “inviables” polas aglomeracións

Os organizadores resaltan que as patronais, previstas para entre o 5 e o 8 de xuño, supoñen cada ano a presenza de "milleiros de persoas"

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira e presidenta da comisión organizadora das festas patronais de Burela, Toñi Eijo, anuncia que non haberá festexos neste 2020 debido á pandemia do coronavirus. A edil subliña que as festas patronais de Burela reúnen todos os anos a milleiros de persoas, o que fai que nas circunstancias actuais non se poidan celebrar. A cita ía ter lugar do día 5 ao 8 do vindeiro mes de xuño.

A presidenta da comisión organizadora das festas patronais de Burela dixo que “estivemos esgotando todos os prazos posibles, pero son unhas datas que congregan a unha aglomeración de xente, son milleiros de persoas ás que veñen a estas festas, entón é inviable que se poidan celebrar”.

Eijo lembrou que “tocaba facelas agora, dentro dun mes, co cal decidimos que non. Sentíndoo moito, a nosoutros gustaríanos, pero ata o ano non haberá festas patronais en Burela”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...