- Advertisement -
O deputado de Podemos na Xunta Xeral do Principado de Asturias (JGPA), Rafael Palacios, aproveitou a xornada previa ao Día de les Lletres para insistir na necesidade de abrir a reforma do Estatuto de Autonomía para declarar a oficialidade da lingua asturiana.
“A nova normalidade ten que ser a oficialidade”, dixo o parlamentario que considera que o asturiano e o galego-asturiano teñen que formar parte do proceso de ‘reconstrución’ de Asturias. Este venres 8 de maio ía celebrarse a tradicional manifestación con motivo do Día das Letras Asturianas. Palacios animou á cidadanía a participar e apoiar a campaña da Xunta pola Defensa da Llingua para apoiar a oficialidade. Toda a información no Galicia Confidencial.