IniciosociedadeVinteoito parroquias de Foz, Ribadeo e Viveiro, entre elas Covas e Celeiro,...

Vinteoito parroquias de Foz, Ribadeo e Viveiro, entre elas Covas e Celeiro, na lista de liberdade horaria

Burela non se beneficiará da medida, ao contar cunha única entidade parroquial próxima aos 10.000 habitantes

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia publicou este venres a relación de 1.428 parroquias nas que pasará a haber liberdade de horario desde este venres para saír a dar paseos e para facer deporte, dentro do plan de desescalada iniciado a pasada fin de semana.

Tras acceder o Goberno do Estado á solicitude realizada tanto pola Xunta como polo BNG, 1,27 millóns de galegos terán liberade horaria, de 6.00 a 23.00 horas: son os algo máis de 410.000 habitantes dos 200 concellos con poboación inferior a 5.000 persoas (que xa tiñan liberdade horaria desde a pasada fin de semana) e algo máis de 866.000 das parroquias rurais con poboación igual ou inferior aos cinco milleiros de residentes, que pasarán a tela co cambio de criterio.

“Isto é, case a metade da poboación pasará a ter liberdade horaria, fronte ao 15% que a tiña coa interpretación por concellos que estaba vixente ata onte”, remarcan desde o Executivo autonómico.

En calquera caso, os Concellos poderán manter as restricións nalgunhas parroquias de menos de 5.000 habitantes que non garden unha mínima separación cos cascos urbanos, ao ter sido absorbidos na práctica pola expansión urbanística. Do mesmo xeito, podería decidir a exención das suxeicións ás franxas horarias naqueles núcleos que, aínda pertencendo a parroquias de máis de 5.000 habitantes, estiveran o suficientemente separados do resto da poboación.

No tocante á Mariña Lucense, o municipio de Burela, cunha única entidade parroquial e 9.588 habitantes (dato de 2019), non se poderá beneficiar. Si outras 28 parroquias de Foz, Ribadeo e Viveiro. Son as seguintes:

FOZ

FAZOURO (SANTIAGO), 601 habitantes
NOIS (SAN XIAO), 511
SAN MARTIÑO DE MONDOÑEDO (SAN MARTIÑO), 602
SANTA CILLA DO VALADOURO (SANTA CILLA), 262
SANTO ACISCLO DO VALADOURO (SANTO ACISCLO), 104
VILARONTE (SAN XOÁN), 664

RIBADEO

A DEVESA (SANTALLA), 471
ARANTE (SAN PEDRO), 185
CEDOFEITA (SANTA MARÍA MADANELA), 132
COUXELA (SANTIAGO), 99
COVELAS (SAN VICENTE), 330
OVE (SAN XOÁN), 363
PIÑEIRA (SAN XOÁN), 337
RINLO (SAN PEDRO), 225
SANTALLA DE VILAUSENDE (SANTALLA), 156
VILAFRAMIL (SAN LOURENZO), 349
VILASELÁN (SANTA MARÍA), 391

VIVEIRO

CELEIRO (SANTIAGO), 1.555
CHAVÍN (SANTA MARÍA), 173
COVAS (SAN XOÁN), 3.744
FARO (SAN XIAO), 162
GALDO (SANTA MARÍA), 471
LANDROVE (SAN XIAO), 243
MAGAZOS (SANTA MARÍA), 581
SAN PEDRO DE VIVEIRO (SAN PEDRO), 274
SANTO ANDRÉ DE BOIMENTE (SANTO ANDRÉ), 108
VALCARRÍA (SANTO ESTEVO), 87
VIEIRO (SAN CIBRAO), 514

No caso de Covas e Celeiro, parroquias sobre as que o Concello de Viveiro tiña dúbidas ao estar os dous núcleos principais preto da capital municipal, practicamente conectadas as tres poboacións, o goberno local respectará a decisión do Executivo autonómico. O executivo municipal aclarou a situación neste bando.

Bando do Concello de Viveiro. AXM

Podes consultar o documento completo da Xunta nesta ligazón.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...