IniciosociedadeO mercado do Valadouro regresa o sábado no lugar habitual; o de...

O mercado do Valadouro regresa o sábado no lugar habitual; o de San Cibrao reuniu oito postos

Na cita valadourense disporanse unicamente postos de alimentación, o que garante o espazo suficiente entre a Praza de Santa María e o Parque Concepción Arenal

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro sábado 16 de maio, O Valadouro retomará o mercado semanal con só postos
de alimentación. Segundo concretou o goberno municipal, a localización non cambia e a cita desenvolverase na Praza de Santa María e no Parque Concepción Arenal.

“Dado que só se poderán instalar postos de alimentación, haberá un maior espazo e garántese a distancia de seguridade cuns cambios mínimos”, argumenta o Concello.

O executivo local recomenda que “a permanencia en cada posto sexa o tempo estritamente necesario para a realización das compras. Manteranse sempre a distancia interpersoal de dous metros e evitaranse as aglomeracións de persoas diante dos postos. Non se poderán manipular os produtos, só terán esta potestade os vendedores”, indica.

Os encargados dos postos deberán cumprir sempre a normativa vixente sobre o
coronavirus publicada no BOE-S-2020-130.

A VENDA VOLVE Á PRAZA DOS CAMPOS

Por outra banda, en San Cibrao, o mercado volveu este xoves á Praza dos Campos con oito postos de alimentación, os únicos autorizados neste primeiro momento.

Habilitouse provisionalmente unha entrada e unha saída ao mesmo para garantir os accesos controlados e facilitouselles ás persoas usuarias solución hidroalcólica de uso obrigatorio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...