IniciosociedadeNace a primeira app turística e de ocio dirixida a veciños da...

Nace a primeira app turística e de ocio dirixida a veciños da Mariña e visitantes

A aplicación, impulsada pola empresa ribadense Donapubli, é de balde e inclúe información dos atractivos turísticos, aloxamentos, restaurantes, tendas e servizos

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña Lucense contará en breve coa primeira app turística e de ocio dirixida a veciños da zona e a visitantes denominada Turisgalicia A Mariña. Esta guía, que xa se pode visualizar a través dos seus perfís en Facebook e Instagram, está promovida pola empresa ribadense Donapubli e conta coa colaboración de case todos os Concellos e asociacións de empresarios da zona, segundo expuxo a marca nun comunicado.

Turisgalicia A Mariña ofrecerá información dos atractivos turísticos, aloxamentos, restaurantes, tendas e servizos de todo tipo dos concellos do norte lucense. E ademais sobre o Camiño Norte de Santiago e os lugares aos que se pode acudir con mascotas. Todo está organizado por categorías, pero tamén se pode filtrar a información por orde alfabética ou pola distancia á que se atopen os diferentes sitios.

CONTIDOS

Algunhas das seccións de Turisgalicia A Mariña son: lugares de interese; gastronomía; aloxamentos; praias e portos deportivos; festas, festivais e locais de ocio nocturno; Camiño de Santiago; pet friendly; turismo activo e deportes; e compras. Ademais inclúe oficinas de turismo virtuais, nas que se poderá acceder a folletos promocionais de cada localidade en formato dixital, entre outros contidos, o que permitirá substituír as publicacións en papel nas oficinas de turismo físicas.

App Turisgalicia A Mariña. AXM

Turisgalicia A Mariña, que será presentada nos próximos días, é unha iniciativa na que están traballando desde hai máis dun ano varias empresas locais.

XEOLOCALIZADOR

A empresa promotora destaca que “o proxecto de Turisgalicia A Mariña APP é unha resposta á evolución tecnolóxica, cun acceso sinxelo, gratuíto, inmediato e dende calquera lugar do mundo. Divulga o patrimonio cultural, natural e humano da Mariña de Lugo. Inclúe información multimedia dos principais enclaves naturais, etnográficos, culturais e artísticos.

“A orixinalidade é unha das súas características, cun deseño innovador, atractivo, para todo tipo de público e sobre todo por ser a primeira app específica turística da Mariña, cubrindo un oco que hai na actualidade, cun número de visitantes que non deixa de medrar e máis tendo en conta a inminencia do Xacobeo 2021. A app dispón dun xeolocalizador que informa ao turista dos recursos que ten máis preto del”, conclúen os promotores.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...