InicioOccidentalFrancisco Iriarte é o novo presidente de Acisa Ribadeo

Francisco Iriarte é o novo presidente de Acisa Ribadeo

A nova dirección reuniuse co goberno local para falar do Ribadeo Indiano, que será do 6 ao 8 de xullo

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Comerciantes Industrais, Servizos e Autónomos (Acisa) de Ribadeo vén de renovar a súa directiva para os dous vindeiros anos. Francisco Iriarte será o novo presidente da agrupación, un cargo que ostentou en dúas ocasións anteriores.

Juan Antonio Fernández Andina será o vicepresidente, mentres que Manuela Torviso Pérez continuará como tesoureira, cargo que ocupa desde hai unha década. María Antonia López Lens exercerá como secretaria. Terán o papel de vogais María Rocío Pertejo, Eladio Veleiro, Ramón Loredo, José Antonio Lombardero, David Martínez –presidente do colectivo nos dous últimos anos-, Roberto Rivas, Leopoldo Trenor, Carmen Cruzado e Diego Valcarce.

A nova dirección de Acisa Ribadeo, na que hai poucos cambios, garante a representación de todos os sectores: hai dous integrantes de servizos, sete de comercio e catro de hostalería. En diante afrontarán dous anos de traballo. Trala asemblea celebrada esta tarde, Iriarte agradeceu o esforzo da anterior directiva e mostrou o seu desexo de manter os logros acadados e acometer as tarefas que quedaron pendentes.

Nos seus primeiros días no cargo, Iriarte mantivo unha xuntanza co alcalde, Fernando Suárez Barcia, e coa concelleira de turismo, Ana Martínez. Un dos temas tratados na reunión entre o representante dos empresarios cos responsables do goberno local foi o Ribadeo Indiano, a gran festa coa que a vila recoñece o legado emigrante e que se celebrará do 6 ao 8 de xullo.

DÍA DA NAI

Desde a asociación ribadense lembran que “a persoa afortunada co premio do Día da Nai de Acisa Ribadeo ten ata o 21 de maio para reclamalo na oficina da asociación. A papeleta é a 7.206. Trátase dos catro últimos números do sorteo extraordinario da Organización Nacional de Ciegos Españoles (ONCE) de onte, 6 de maio (27.206)”.

O premio disposto pola Acisa consiste en 300 euros en vales de compra para gastar nun só día co asesoramento e acompañamento dun persoal shopper.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...