IniciosociedadeA Festa da Xuventude abrirá as patronais dos Remedios en Mondoñedo

A Festa da Xuventude abrirá as patronais dos Remedios en Mondoñedo

Os éxitos do pop español interpretados polos coruñeses Hugo Torreiro e Carlos Bau amenizarán a celebración o vindeiro venres

Publicada o

- Advertisement -

A Festa da Xuventude inaugurará o venres as festas na honra á Virxe dos Remedios en Mondoñedo. As mozas e mozos do municipio están convidados a participar na cuarta edición desta cita que se celebrará na Praza do Concello.

Un dos principais reclamos será a actuación dos cantantes coruñeses Hugo Torreiro e Carlos Bau que repasarán grandes éxitos do pop española co espectáculo #DosEnPunto. O duo interpretará cancións de artistas como Camilo Sesto ou Los Suaves, pasando por Alaska ou Amaral. A festa rematar cunha sesión Dj.

PUNTO DE INFORMACIÓN

Das oito ás dez do serán, estará aberta no recinto a carpa Xplora Xuventude de información xuvenil e asesoramento ás rapazas e rapaces que se acheguen ata alí.

O programa dérono a coñecer o concelleiro de Xuventude, Alberto García, e mais o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. O departamento autonómico financia íntegramente a celebración do evento

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...