IniciosociedadeOs postos de téxtil e calzado volven este martes ao mercado de...

Os postos de téxtil e calzado volven este martes ao mercado de Foz

O alcalde lembra que non se pode "tocar nin manipular" a roupa e pide "non descoidar" as medidas sanitarias para evitar un rebrote do virus

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz anunciou que desde este martes, o mercado semanal contará “con todos os postos” que participaban no encontro con anterioridade á emerxencia sanitaria do coronavirus, incluíndo negocios de venda de téxtil ou calzado. A normativa non permitía ata agora máis que a oferta de produtos agroalimentarios.

O alcalde focego, o socialista Fran Cajoto, lembra á veciñanza que “non se pode tocar ou manipular a propia roupa”, e que son os vendedores ambulantes, “vestidos cos EPIs correspondentes, quenes deben achegar os produtos”.

Cajoto recorda ademais que se debe gardar a distancia mínima interpersoal de dous metros e “non achegarnos ao mostrador ata que nos toque, por quenda”. Na entrada ao mercado “haberá unha caseta con xel hidroalcólico e máscaras para aquelas persoas que non leven ese material. Debemos non descoidar as medidas sanitarias para evitar un rebrote”, concluíu o rexedor.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...