IniciosociedadeAdxudicada a reforma para maior eficiencia enerxética do Ceip Caselles Rollán

Adxudicada a reforma para maior eficiencia enerxética do Ceip Caselles Rollán

O proxecto, con 670.000 euros de orzamento e un prazo de execución de dous meses e medio, inclúe obras no exterior e interior do centro, que a Xunta prevé rematar para o inicio do curso

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia anunciou este luns que publicou na plataforma Contratos de Galicia a adxudicación da rehabilitación enerxética do CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán, en Xove, por un importe de 670.148,82 euros. O Goberno autonómico licitara a obra no pasado mes de novembro.

Os traballos estarán centrados na mellora da eficiencia enerxética do colexio, así como en garantir unha mellor funcionalidade e confort para o alumando e profesorado. Para iso están programadas obras tanto no exterior como no interior do edificio.

Así, na fachada instalarase un novo illamento exterior continuo tipo SATE de poliestireno expandido EPS e na cuberta, sobre forxado horizontal ou nos falsos teitos, lá de roca. Ademais renovaranse as fiestras por unhas novas de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre, e colocaranse tamén novas persianas de aluminio (coas súas caixas e mecanismos de accionamiento) inxectadas con espuma de poliuretano para mellora do seu illamento térmico. Procederase tamén á instalación de luminarias de alta eficiencia enerxética.

A Xunta prevé un aforro enerxético anual “do 35,2% en consumo de enerxía primaria e do 38% en emisións de CO2”.

INTERIOR

Por outra banda, xa no interior do colexio acometerase a reparación e pintado de teitos e paredes, así como diversos traballos de decoración e acabado e reparacións varias en cubertas e instalacións, o que implicará a renovación e modernización integral de todos os espazos.

AS OBRAS, “NO VERÁN”

Segundo as previsións que manexa a Xunta, as obras realizaranse no verán e estarán listas para o inicio do curso escolar. Os traballos teñen un prazo de execución de dous meses e medio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...