O Concello de Viveiro lanza a partir deste mércores unha campaña en redes sociais para dar a coñecerse a nivel estatal como un destino seguro. Para isto contou coa axencia de marketing digital de Lugo estati.co que realizou un spots e varias creatividades baixo o slogan Asómate a Viveiro.
A idea a de campaña é mostrar os espazos abertos e as diferentes posibilidades de turismo seguro que ofrece Viveiro para gozar sen problemas dunha estancia este verán.
O spot e as imaxes que acompañan a campaña suxiren as distintas posibilidades que ofrece Viveiro tanto se se viaxa en familia, en parella ou só; as diferentes opcións de aloxamento e as diversas alternativas de turismo que ofrece: natureza, praias, historia ou gastronomía.
Para a voz do spot contouse coa actriz da Mariña Lucense Rosalía Castro, que participou en series como ‘Serramoura‘ ou ‘El Comisario‘ e obtivo o Premio á Mellor Actriz no OUFF de Ourense 2018 polo seu traballo en ‘Mouras‘.