IniciosociedadeO goberno de Foz denuncia que o PP deixou sen pagar dez...

O goberno de Foz denuncia que o PP deixou sen pagar dez anos da Selectividade

A cantidade adebedada ao goberno municipal de Viveiro ascende a 18.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

O PSOE de Foz denunciou este mércores que un dos puntos do pleno de maio, que se celebrará este xoves, é un recoñecemento extraxudicial de crédito no que se inclúen facturas do ano anterior que non puideron ser pagadas debido a inexistencia de liquidez, entre elas os pagos da Selectividade dos últimos dez exercicios.

A concelleira de Facenda, Inés López Couto, explica que “a nova corporación recibiu un orzamento sen diñeiro cunha cantidade moi elevada das partidas económicas ou con gastos comprometidos que se tiveron que executar e houbo que reducir os gastos desaforados e innecesarios que se facían. Aínda así a irresponsabilidade da anterior corporación deixou unha herdanza de máis de dez exercicios do Selectivo sen pagar”, critica.

Deste xeito, Foz adebeda máis de 18.000 euros en concepto de pago de gastos da Selectividade do alumnado do IES de Foz. “Cando chegamos ao Concello atopámonos coa desagradable noticia de que o Concello de Viveiro levaba anos reclamando os importes, sen que a anterior corporación fixera nada por saldar esta débeda”, remarca.

López Couto salienta que “é curioso ter que entrar como concelleira e darte de conta de que a túa Selectividade está sen pagar. No ano 2009 acudía a Viveiro cos meus compañeiros de promoción para realizar a proba e estamos no 2020 e seguen eses gastos sen pagar”, remarca.

O BNG PROPÓN APOIAR ÁS ENFERMEIRAS EVENTUAIS

Pola súa banda, o BNG focego presentou unha moción para que a corporación respalde a pelexa das Enfermeiras Eventuais en Loita.

“Durante a pandemia unhas foron despedidas despois de infectarse durante os coidados, nunha medida miserable do Sergas. Outras ven agora como se vulneran novamente os seus dereitos, sen ter en conta o Pacto de Selección temporal, sen respetar a orde da lista pública, existindo traballadoras que estiveron en unidades Covid-19 quedando en situación de discriminación. Sufriron a contratación por días, semanas ou quincenas durante o mes de marzo e abril,  pero non obtiveron a prórroga como si se fixo a persoal en números inferiores e mesmo inscrito en listas paralelas, estas últimas sen publicación oficial”, denuncia o Bloque focego sobre a situación destas profesionais.

Así, a iniciativa consta dos seguintes puntos:

  1. Loitar contra a Precariedade laboral instaurada no ámbito de enfermería.
  2. Defender a Sanidade Pública, Universal e de Calidade
  3. Avanzar no recoñecemento da Enfermaría como disciplina autónoma.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...