IniciosociedadeA Garda Civil vixía en Ribadeo os desprazamentos dende Asturias e constata...

A Garda Civil vixía en Ribadeo os desprazamentos dende Asturias e constata oito incumprimentos

Malia estas irregularidades, destacan que a tónica xeral foi a "normalidade e legalidade" na mobilidade.

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil informou este sábado de que continúan vixiando as limitacións de mobilidade mediante os dispositivos planificados nas vías públicas da provincia de Lugo. Así, na mañá deste venres, estableceuse un control na Autovía A-8 ao seu paso por Ribadeo para detectar desprazamentos irregulares procedentes de Asturias.

Segundo informan fontes da Garda Civil, a tónica xeral foi “a normalidade e legalidade” de ditos desprazamentos. A maioría deles respectan a lexislación, aínda que se observaron oito incumprimentos.

DE CANTABRIA Á CORUÑA

Entre os casos detectados, a Garda Civil explica que se detectou a presenza dun turismo con tres ocupantes no seu interior que realizaban un desprazamento non autorizado desde Cantabria cara á Coruña, o que motivou a confección dos preceptivos oficios de denuncia para a súa remisión á Subdelegación do Goberno.

A Garda Civil lembra que Lugo continúa na Fase 2 do procedemento para a desescalada, polo que os desprazamentos entre provincias unicamente están autorizados segundo establece a Orde SND/414/2020 por motivos sanitarios, laborais, profesionais ou empresariais, de retorno ao lugar de residencia, asistencia e coidado de maiores, dependentes ou persoas con discapacidade, causa de forza maior ou situación de necesidade ou calquera outra de análoga natureza.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...