InicioEconomíaConvocada a asemblea para venres, "rotas" as negociacións entre Sargadelos e UXT

Convocada a asemblea para venres, “rotas” as negociacións entre Sargadelos e UXT

A empresa non descarta retomar os despedimentos e fontes do sindicato sinalan que as esixencias da dirección son "inasumibles"

Publicada o

- Advertisement -

A reunión convocada o pasado martes en Santiago de Compostela polo Consello Galego de Relacións Laborais entre os servizos xurídicos de Sargadelos e a Unión Xeral de Traballadores (UXT) non serviu para chegar a un acordo, nin sequera para achegar posturas.

O feito de que a dirección aceptara a mediación da Xunta de Galicia tras varias negativas e algúns achegamentos durante as conversas abriron unha porta á esperanza de atopar unha solución negociada ao conflito laboral, pero a empresa asegura que as negociacións están rotas“. Aínda que o sindicato reitera que está “aberto ao diálogo”, fontes do mesmo sinalan que as esixencias de Sargadelos “son inasumibles“.

A empresa non executou despedimentos este mércores, pero non descarta que poda retomar os cesamentos -efectuou 21- ata cumprir os 49 anunciados o pasado 17 de agosto. A negativa do xuíz a intervir cautelarmente no conflito laboral, como pedía a UXT, reforza a posición do grupo empresarial e debilita a do sindicato. 

A UXT, que mantén as denuncias contra o conselleiro delegado, Segismundo García, e o grupo empresarial, anunciou que oficializará a súa postura cun comunicado nas próximas horas

VOTACIÓN

As traballadoras da fábrica que forzaron a asemblea para votar a destitución ou a permanencia no cargo de Rogelia Mariña, a sindicalista da UXT sinalada polo conselleiro delegado, convocaron unha nova xuntanza para afrontar esta cuestión. Será o vindeiro venres, ás 15.00 horas

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...