InicioEconomíaO comité de Alcoa convoca unha andaina nocturna en San Cibrao para...

O comité de Alcoa convoca unha andaina nocturna en San Cibrao para o vindeiro sábado

Os obreiros partirán do complexo industrial e atoparanse no Parque Reina Sofía coa veciñanza; piden aos participantes que porten algún tipo de luz

Publicada o

- Advertisement -

O comité de Alcoa San Cibrao convoca o vindeiro sábado unha andaina nocturna contra o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) xa presentado pola multinacional, que afectaría a 534 traballadores da planta de aluminio máis outros 400 de empresas auxiliares.

Os sindicatos retomarán as protestas despois de que Alcoa fixese efectivo o proceso do despedimento colectivo, que comezará a negociarse o vindeiro 25 de xuño. Baixo o lema ‘A Mariña sálvase loitando‘, a marcha nocturna partirá do complexo industrial de San Cibrao ás 22.15 horas. Os traballadores iniciarán desde alí o percorrido vestidos con roupa de faena.

A andaina rematará no Parque Reina Sofía de San Cibrao, sobre as 23.00 horas. Os obreiros atoparanse alí coa veciñanza da Mariña Lucense. O comité pide a todos os participantes no acto reivindicativo que porten algún tipo de luz para facer ver a súa presenza na noite sancibrense.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...