O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo mantense estable por segundo día consecutivo, con 17 positivos documentados segundo o reconto oficial ofrecido este domingo polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).
Non hai ingresados por Covid-19 no Hospital Público da Mariña. O único hospitalizado na área lucense por mor da pandemia permanece nunha planta do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Un total de 16 pacientes son atendidos en domicilio. Tampouco se detectan contaxios nas residencias da bisbarra.
No histórico da provincia recóllense un total de 28 falecementos, cinco deles na Mariña Lucense, ademais dunha sexta vítima mortal falecida na Uci de Burela tras superar o virus durante o seu período na unidade de críticos. Déronse 921 altas.
En Galicia son 340 casos activos, segundo o mesmo reconto do Sergas. Faleceron polo virus na comunidade 619 persoas.