InicioEconomíaSargadelos despide a dúas operarias e UXT di que usará "todos os...

Sargadelos despide a dúas operarias e UXT di que usará “todos os medios ao alcance”

O sindicato pregunta se a Xunta "está unicamente para dar subvencións" e critica a actitude de CC OO, a outra central con representación na empresa

Publicada o

- Advertisement -

A Federación de Industria, Construción e Agro da Unión Xeral de Traballadores (UXT) asegura nun comunicado que utilizará “todos os medios legais, sindicais e xudiciais ao noso alcance” no conflito laboral de Sargadelos, e subliña que “nin a dignidade” da súa representante, Rogelia Mariña, nin “a acción sindical na defensa das operarias están en venta”.

No tocante ao fracaso da negociación convocada polo Consello Galego de Relacións Laborais, o sindicato resalta que “nesta xuntanza, o accionista maioritario de Sargadelos –Segismundo García– pretendeu que a UXT e a propia Xunta de Galicia aceptaran propostas á marxe da lei, coa única intención de vulnerar os dereitos fundamentais das traballadoras e en especial da nosa delegada, a única que defende os dereitos colectivos das súas compañeiras”.

RECLAMA Á XUNTA QUE ACTÚE

A UXT reclama unha maior implicación do Goberno galego e pregúntase se “só está para dar subvencións a empresas con este modelo de xestión cavernaria”. O sindicato sinala que “non deixa de ser sorprendente que nun centro que ten 262 requirimentos da Inspección de Traballo, se permita ao seu máximo accionista seguir campando ao seu libre albedrío”.

“OUTROS ACTORES, DE PERFIL”

O comunicado tamén interpela a “outros actores”, no que semella unha alusión a Comisións Obreiras (CC OO), o outro sindicato con representación na empresa. Así, a UXT inquire “se van seguir de perfil mentres o autodenominado patrón utiliza ás traballadoras como reféns para a práctica do seu despotismo”.

SEGURIDADE E PERMISOS DE PATERNIDADE

A UXT asegura que o conflito laboral está a afectar “ás medidas de seguridade, que se deterioraron” ou “aos permisos por paternidade, que non se cumpren”.

“MACHISMO”

Alguén no seu xuízo pode crer que os problemas de Sargadelos son orixinados por unha delegada sindical que o único que fai e traballar e defendera ao resto de compañeiras e compañeiros?”, inquire o comunicado, que tilda ao conselleiro delegado de “machista” e “opresor” de quenes “coas súas mans fixeron o traballo que foi o eido fundacional da empresa“.

DESPEDIMENTOS

Como anunciara tralo fracaso das conversas, a dirección de Sargadelos executou outros dous cesamentos na mañá deste xoves, co que despediu a 23 traballadoras desde o pasado 17 de agosto.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...